lunes, 7 de junio de 2010

WEBQUEST

Imos agora ca análise da webquest elixida.

Así pois trátase dunha webquest elaborada por ana Sánchez, cuxo obxetivo principal e que o alumnos aprenda por sí mesmo ("learn by doing"), e que adquira unha educación auditiva básica.

Estructuralmente está formada por varias partes característica de tódalas webquest: introducción, proceso, tarefa, avaliación e , po último, a conclusión. Así empezarei anlizando cada unha das sñuas partes.

En canto á introducción, gustaríame dicir que é motivadora e que adentra aos alumnos no tema dos sons. Descríbese un problema que debe resolverse, preparando ao alumno para a tarefa a realizar.

Na tarefa, exponse que os alumnos deben saber e coñecer certa materia para poder alcanzar os obxetivos. Coñecementos que adquirirán na parte do proceso.

Neste proceso, cada paso indícase claramente. O alumno pode saber exactamente onde está en cada paso deste proceso en todo momento, e saber o qué facer despois de alcanzalo gracias a súa estrutura. Así vai asumindo distintas responsabilidades para lograr a tarefa.
As actividades están claramente relacionadas e diseñadas para levar ao alumnos dun coñecemento inicial a un máis alto, ampliado.
Ademáis, hai unha boa conexión entre os recursos e a informacion necesaria. Aínda que nos últimos pasos non se cumple de todo, pois creo que non agregan nada novo. Nestes dous últimos pasos animase en ambos a cantar e/ou aprender cancións.
Algúns enlaces conducen a informacións interesantes para o alumnaso, aínda que creo que outros son insustanciais para o neno, non sendo tanto para o maestro (isto é,encargase diseñar ou contruir un instrumento, e o enlace relacionado no creo que sexa o máis axeitado para un neno, moita letra, pouco entendible. Creo que se trata dun enlace destinado máis a o docente).

Os criterios de avaliación descríbense claramente mediante unha rúbrica.Ésta mide claramente qué deben saber os alumnos e qué deben facer para lograr a tarefa.

Na última parte da WQ, inclúese unha conclusión motivadora na que se pretende reforzar o coñecemento xa adquirido. Realízanse unha preguntas como recordatorio.

Como conclusión persoal, gustaríame dicir que favorece a adquisición dunha boa educaión auditiva, que considero vital na vida do músico, e do alumno música. Materia que na maioría das escola escasea, ou apenas se lle presta atención (básome en experiencias vividas,non me gusta xeralizar pois hai casos nos que supoño sí se lle adicará o tempo preciso).

No hay comentarios:

Publicar un comentario