Seguindo a miña análise dos blogs, gustaríame dicir que Conociendo el Medio se trata dun blog interesante, e que se na miña etapa de estudiante na escola, houbese este tipo de materiais me facilitaría moito a aprendizaxe dos contidos de Historia e Xeografía, unha conta pendente aínda hoxe en día,pois nunca se me deu ben.
Este blog foi diseñado por Matilde Blances e Susana Renieblas co obxetivo de completar a súa actividade docente, como ben se explica no lateral esquerdo superior.
Creo que os contidos destes blog son apropiados para a idades dos alumnos aos que van destinados, isto é, de entre 10 e 11 anos. Úsase unha linguaxe simple e pouco rebuscada.Ademáis a redacción caracterízase pola fluidez e cohesión. Os temas trátanse dunha forma precisa e entretida, pois ao fin son contidos para nenos pequenos. Así pois,considero que os artigos do blog demostran conciencia dos conceptos e temas que se mencionan nas lecturas e actividades das aulas.
Trátase claramente dun blog educativo de materia (Coñecemento do Medio)polo que se navega facilmente gracias á súa estructuración dos post por datas(arquivo de blog) e por temas(etiquetas, podendo acceder directamente a un certo tema sen ter que andar a buscar e a buscar.
En canto á estética,a paleta de cores que se usan e a dos grises,usando tamén o branco e mailo negro. Así pois,o fondo do blog ten unha cor gris azulada. Os recadros nos que se postea teñen un fondo blanco, e a letra deses post está en negro, ben resaltada. Aínda que se trata de entradas totalmente lexibeis, creo que se debería usar outra paleta de cores máis divertidos, pois hai que recordar que os seus destinatarios son nenos e chamaría máis a súa atención.
Os artigos que se colgan son habitualmente breves, dun ou dous párrafos,nos que se inclúen numerosos elementos visuais como mapas, imaxes, videos...facéndoo moi visual e entretido.
Postease habitualmente, cunha frecuencia de artigo por semana aproximadamente. Aínda que noutros anos anteriores era maior o número de publicacións,chegando case á publicación por día (Nov.2009).Os post determinan o carácter do blog pois en todos se inclúen contidos da materia de Coñecemento do Medio. Dentro disto, podo tamén facer referencia a variedade temática, pois trátanse temas tanto de Historia e Xeografía ("Prehistoria" ou "Climas de España") coma de Ciencias Naturais ("Disección de una flor").
En canto aos comentarios, algunhas publicacións non contan con nigún, en cambio outras cunha media de 4 ou 5 comentarios por artigo. As que reciben comentarios son as entradas sobre Xeografía e Ciencias Naturais. As publicacións de historia apenas teñen influencia, pois non son comentadas en case ningún caso.
Esta maior influencia de ditos temas non fai variar oc contidos do blog centrándose máis nos temas de interese, senón que se siguen a publicar artigos por igual de Historia que dos demáis, non faltando así ao obxetivo principal do blog que é o de completar a súa actividade docente, como ben comentei ao principio da análise.
Por último, gustaríame dicir que me parece unha boa idea o texto que incluíron no lateral esquerdo en cor violeta, no que se explica que os nenos deben usar dita páxina en compañía dun adulto, vixiando por onde navega o neno e controlando a que tipo de páxinas accede.
Pinchades neste enlace para acceder ao blog!
Un saúdo!
Kahoot para 1º ESO
Hace 6 años
