Nesta segunda entrada do meu primeiro blog, vou facer unha breve descrición do que son os blogs e as webquest.
O blog é un sitio web persoal, onde se escribe regularmente, a modo de diario online, sobre varios temas que interesan ao propietario. Consisten en entradas (tamén chamados posts ou artigos) escritas en orde cronolóxica, por unha ou máis persoas. Son esencialmente textuais, aínda que a maioría inclúen fotos, audios e vídeos. Tamén permite que o visitante comente os artigos do autor do blog quenes, á súa vez, poden responder no mesmo formato que os visitantes (opinións),favorecendo a interacción social.Xeralmente, utilízanse enlaces que permiten ampliar ou completar o contido dos posts. Ademáis, a súa estrutura fai posible a lectura cronolóxica, temática, seguindo asociacións entre posts ou coa búsqueda de palabras.
Podemos falar de EDUBLOGS como Blogs usados con fins educativos en entornos de aprendizaxe.
Hai varios tipos de blogs: os personais, de alumnos, de profesores, de aula… (personalmente, non inclúo aquí os blogs de centro xa que soen ter un carácter máis informativo ca educativo).
As WebQuests son actividades estructuradas e guiadas que proporcionan aos alumnos una tarefa ben definida, así coma os recursos que lles permiten realizarlas.
En lugar de perder horas na busca da información, os alumnos aprópianse, interpretan e explotan as informacións específicas que o profesor lles asigna.
É unha estratexia didáctica na que os alumnos son os que realmente constrúen o coñecemento que logo van a aprender. Organizaselles en grupos, asignanselles roles e teñen que elaborar un producto que vai dende unha presentación, ou un documento, ata unha escenificación teatral ou un guión radiofónico, etc., representando o máis axustado posible as distintas posturas dos roles.
Isto non é soamente unha nova forma de ensinanza dos profesores, senón tamén unha nova maneira de que os alumnos aprendan.
Kahoot para 1º ESO
Hace 6 años

No hay comentarios:
Publicar un comentario