Aquí comeza a miña analise do blog "musicapando"!
A autoría deste blog pertence a dúas mulleres chamadas Eva e Ángeles,os seus apelidos non aperecen,nin tampouco ningún tipo de información que faga referencia a quenes son, a que se dedica, aínda que se pode sospeitar que esten relacionadas co Departamento de Música do IES Pando de Oviedo,polo subtítulo do Blog e a informarción que este alberga.
Creo que o propósito principal deste blog é a ampliación de coñecementos da materia de música q se imparte no IES Pando.
Os contidos que se tratan son interesantes, curiosos, e apropiados para os destinatarios:alumnos de entre 16 e 18 anos. Aínda que calquer lector alleo ao instituto, pode aprender moito tamén con este blog ca información que se verte nel.
Trátase ,así pois, dun blog de materia educativa, neste caso de música;algo que queda claro nada máis ler o título "MUSICAPANDO" e calquer dos seus posts "Música del siglo XX:nuevos espacios" ou "Instrumentos medievales", a modo de exemplo.
É fácil navegar por este blog, pois está organizado por datas de publicación e por temas (en etiquetas no lateral inferior esquerdo).
En canto á estética, gustaríame dicir a modo persoal que a paleta de cores de letra e o fondo é pouco chamativo, e pouco divertido; creo que outro deseño estético chamaría moito máis a atención dos seus lectores.
De todos xeitos, a letra en cor negra sobre un fondo blanco e totalmente lexible;resaltanse as palabras máis importantes e os enlaces de ampliación de materia en negrita. Os títulos, ademáis de estar en negrita, tamén aparecen noutra cor, neste caso azul oscura, resaltandoos e diferenciandoos do texto expositivo.
Está ben organizado, inclúense os post no lateral dereito;e no lateral esquerdo, inclúense unha lista de blogs,os seguidores, archivos de blog, as contribuíntes,as etiquetas e un calendario.
Ademáis, alberga unha gran variedade temática musical pois , non só se centra na música clásica (habitual na materia de música nos institutos) senón que tamén se inclúen post sobre música tradicional da zona, rock & roll, etc.
En canto aos posts que se publican,as ideas desenrolanse dunha forma lóxica, e a redacción caracterízase pola fluidez e cohesión, cunha escitura boa:sen errores gramaticais, sintácticos nin de puntuación. Ademáis, podería apurarme a dicir que toda a información que se provee é totalmente correcta, dentro do meu coñecemento.
Nunha gran parte destas publicacións inclúense elementos visuais como mapas conceptuais, ilustracións gráficas e arquivos multimedia.
Fai case dous meses que non se publica neste blog, unha pena xa que considero unha weblog bastante interesante dende o punto educativo. Neste ano publicáronse post aproximadamente de cada mes e medio, ou dous meses. Aínda que en meses anteriores(2009), publicábanse entre catro ou cinco entradas cada mes, chegando incluso as dez publicacións nun mes coma o de Outubro de 2009.
Neste blog non se ofrecen comentarios significativos en resposta ou opinión aos artículos que nel se publican. Polo que non se produce a interacción escritor-lector-outros lectores que se producen noutros blogs. Pode ser que a intenciñon deste blog non sexa lograr esa interacción, e soamente seña a de ampliar e reforzar contidos dados nas aulas do IES Pando.
Polo cal non podo analizar a influencia que este blog ten sobre os seus lectores.
Xa para rematar, déixovos aquí o link deste blog para que vos mesmos podades visitalo:PINCHA AQUÍ
Kahoot para 1º ESO
Hace 6 años

No hay comentarios:
Publicar un comentario